Resumo Partido

1ª Autonómica Femenina

Encontro disputado o sábado día 17 de novembro do 2012 ás 16:00 no pavillón municipal de Chapela e que enfrentou ó BM.Chapela e ó BM.Caselas. As nosas rapazas aguataron o tirón durante a primeira parte, pero as locais demostraron a súa superioridade, confirmada na clasificación, gañando o partido cun resultado final de BM.Chapela 34-20 BM.Caselas.

Comezaba o partido e as nosos rapazas eran sabedoras das suas escasas opcións de victoria, que pasaban por non deixar que o rival se distanciara no marcador, sobre todo nos primeiros minutos de partido. Asi fixeron, e mesmo estiveron dous tantos por enriba ó inicio, ata que as locais foron entrando no partido, grazas ó seu tiro exterior e ós contrataques propiciados polos erros e o desacerto en ataque do noso equipo. Ata aquí, o partido transcurría sen incidencias salvo algunha exclusión por parte de ámbolos dous equipos sen moita importancia. As nosas mozas aguantaron o envite do BM. Chapela ata o minuto 20 do primeiro tempo, cando as locais marcaron un parcial de 4-0 poñéndose no marcador cunha vantaxe de 8 tantos ó descanso, complicando o partido ás nosas rapazas que en ningún momento baixaron os brazos.

O segundo tempo ía ser case un calco do primeiro, con claro dominio local e o desacerto visitante que puxo o marcador con 15 tantos de vantaxe para as locais e no que as nosas mozas ían tirar de casta para tratar de reducir esa diferenza. Ó redor do minuto 20 conseguíase ese obxetivo, grazas ó debilitamento do equipo local debido a exclusións,  cunha diferencia no marcador de 6 tantos. Pero este feito foi solo un espexismo, xa que o equipo local, unha vez recuperada a igualdade numérica, apreveitouse do desgaste das nosas rapazas, volvendo a aumentar a diferencia e encamiñándose hacia unha cómoda victoria. Así, o que posiblemente sexa o clube máis forte na casa en calquera categoría, conseguiu a victoria cun electrónico final de BM.Chapela 34-20 BM.Caselas

Licencia Creative Commons

Estas entrada foi publicada en 1ª Autonómica Femenina, Partidos, Resumes dos partidos coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario