Resumo Partido BM.Caselas Vs BM.Moaña

2ª Autonómica Masculina 

Partido pertencente á segunda volta da 1ª Fase da tempada, disputado no pavillón municipal de Salceda de Caselas (Salcedaterra) o sábado día 24 de novembro do 2012 ás 18:30 e que enfrentou ó BM. Caselas e ó BM.Moaña. Os nosos rapaces resolveron o partido  sen moitos apuros, dominando de principio a fin e acadando un resultado final de BM.Caselas 24-16 BM.Moaña.

Daba comezo o encontro no Municipal de Salceda e os nosos rapaces saían decididos a gañar, deixando sen moitas opción ó equipo rival nos primerios minutos do partido. Os visitantes plantexaban un ataque con dobre pivote que non foi problema para o noso equipo, unha boa actitude en defensa conseguía neutralizar o seu ataque e compensaba as perdas de balóns en ataque e os fallos ante ocasións claras de gol. Así chegouse ó descanso cun resultado de 11-7 a favor do noso equipo.

No comezo da segunda metade, e posiblemente contaxiados polo ritmo de xogo do equipo contrario, os nosos rapazes pecaron de pasividade tanto en ataque coma en defensa. O ataque rival cambiou o seu plantexamente, volvendo a colocar un só pivote, conseguindo así achegarse no marcador, cun resultado de 12-11 despois dos dez primeiros minutos. Esta situación durou só uns intres, ata que os nosos rapazes volveron a tomar as rendas do partido, acadando un parcial de 6-0 durante os seguintes dez minutos. A diferencia no marcador mántivose ata o final do encontro, nun tira e afloxa, que finalmente se transformou en 8 tantos de diferencia ó noso favor. Os nosos rapaces conseguiron os dous puntos de esta xornada tras un resultado final de BM. Caselas 24-16 BM. Moaña.

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o club ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!!

Licencia Creative Commons

Estas entrada foi publicada en 2ª Autonómica Masculina, Partidos, Resumes dos partidos coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario