Resultados Partidos

1ª Autonómica Femenina

Encontro disputado o domingo día 2 de Decembro do 2012 ás 12:00 no pavillón municipal de Salceda de Caselas e que enfrentou ó BM. Caselas e ó BM. Seis do Nadal. As nosas rapazas conseguiron plantarlle cara ó 3º clasificado, nun partido moi igualado, cun resultado final de BM. Caselas 23-27 BM. Seis do Nadal. A victoria non foi posible, pero as nosas xogadoras deixáronnos moi boas sensacións. 

2ª Autonómica Masculina 

Encontro disputado o sabado día 1 de Decembro do 2012 ás 19:00 no pavillón Municipal de Arena Coirón (Meaño), e que enfrontou ó BM. Meaño e ó BM. Caselas. Foi unha mala tarde para os nosos rapazes e o Meaño levouse a victoria  cun resultado final de BM.Meaño 27-26 BM. Caselas (máis info no resumo do partido nos vindeiros días).

División de Honra Infantil Femenino

Dura derrota para as nosas pequenas no partido disputado o domingo día 2 de Decembro do 2012 ás 10:00 no pavillón Municipal de Chapela e que acabou cun resultado final de BM.Chapela 22-6 E.D.M. Salceda de Caselas.

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o club ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!!

Licencia Creative Commons

Estas entrada foi publicada en Resultados partidos coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario