Historia

Acerca do Balonmán Caselas.

O Clube Balonmán Caselas fundouse o 31 de outubro do ano 1.989,como alternativa os distintos equipos de balonmán da zona sur de pontevedra e como iniciativa pioneira deste deporte no Concello de Salceda de Caselas contando ata o dia de hoxe cunha mais que arraigada  tradición balonmanistica.Foi sempre un clube eminentemente feminino,aínda que nalgunhas tempadas tivo varios equipos masculinos nas categorías cadete, xuvenil e senior.

Na actualidade contamos cun equipo na categoría 1ª Autonómica Femenina,formado por un grupo de xogadoras da comarca,muitas cunha longa tradicion neste clube e outras nos distintos clubes da zona,que levan afianzadas a esta categoría dende o 2009,cuns resultados mais que satisfactorios,a razón do clube.Tamen contamos cun equipo na categoría 2ª Autonómica Masculina,e que comezou a rodar no ano 2011 neste clube a raiz do capitan deste equipo e dos distintos xogadores,(dende xogadores activos,a xogadores que levavan anos inactivos,ex-xogadores),case todos eles ex-pertencentes os distintos clubes dos arredores que decidiron retorna-la sua paixon polo seu deporte conseguindo formar un grupo mais que satisfactorio.

So cabe esperar que os nosos equipos duren moitos anos e nos traian moita satisfacción o noso clube.E para iso estamos a desenrrolar dende ai varios anos o noso futuro ca creación das escolas infantis que coma sempre son o pilar para a continuación do noso traballo neste clube.

 Filosofía do Balonmán Caselas.

  • Salientar e promover por enriba de todo a practica e disfrute do noso deporte.
  • Que é un deporte de equipo,no  que todos somos un e un son todos,e que todos levamos o mesmo apellido CBM.Caselas.
  • Que este é un deporte de contacto(con todo o que elo implica),e que o que pasa na pista quedase na pista e baixo ningunha circunstancia debe traspasar esa liña.
  • Nunca e baixo ningun concepto amosaremos desprezo,mala actitude, humillación,desprezo,insultos ou agresión entre nos e menos hacia un rival,a sua grada ou afición.
  • Promover que nom ai nada imposible,que existe balonman na nosa sangue e que os logros son fruto do traballo realizado e que nom estan propiciados pola mera casualidade.
  • Amosaremos sempre e en todo momento as actitudes que nos caracterizan como equipo de balonman;Solidez defensiva,garra,forza,cabeza,unión,humildad,ambición,xogo limpo,corazón…

Obxectivos do Balonmán Caselas.

  • Acabar o final a tempada,no mellor posto da clasificación posible,sempre sendo realistas cas nosas posibilidades,que nom son poucas.
  • O disfrute e entretemento dos nosos equipos ca practica do noso deporte.
  • Levar e dar a coñecer o nome do noso clube por toda a nosa comunidade e polo mundo adiante.
  • Consolidar os equipos da presente tempada para a vindeira.
  • Creación e consolidación das Escolas Deportivas.
  • Medrar como clube e como xogadores e xogadoras.

Palmares do Balonmán Caselas:

No palmarés do BM. Caselas destacan 4 Campionatos Galegos na categoría cadete feminina nos anos 1.993, 1.999, 2.000 e 2.003, que posibilitaron a participación neses anos no campionato de España de clubes.

Tamen recibiu da Federación Galega o premio a Deportividade, e o premio á Promoción do Balonmán Feminino nalgunhas tempadas.

PD:Esta info sera ampliada e revisada!!!

 

Licencia Creative Commons

Deixar un comentario