Resumo Partido BM.Meaño Vs BM.Caselas

2ª Autonómica Masculina 

Encontro disputado o sabado día 1 de Decembro do 2012 ás 19:00 no pavillón Municipal de Arena Coirón (Meaño), e que enfrontou ó BM. Meaño e ó BM. Caselas. Foi unha mala tarde para os nosos rapazes e o Meaño levouse a victoria  cun resultado final de BM.Meaño 27-26 BM. Caselas.

Daba comezo o encontro e os nosos rapazes eran sabedores de que este partido non ía ser doado nin moito menos. O equipo local impuxo un ritmo moi alto xa dende o inicio, demostrando unha boa actitue coma equipo, mentres que os nosos rapaces non conseguían entrar no encontro. Esta diferencia no xogo reflexouse no marcador, un parcial de 7-2 para o equipo local despois dos primeiros 10 minutos do encontro. O noso equipo seguía sen reaccionar, perdendo balóns fáciles, sen acerto de cara ó gol e sufrindo varias exclusións. Só na parte final da primeira parte comezou a mellorar o noso balonmán, acercándonos timidamente no marcador e chegando ó descanso cun resultado favorable ós locais de 14-9 (pendente de confirmación).

Ó inicio do segundo tempo os locais ían seguir ca mesma actitude, conseguindo unha maior vantaxe no marcador, ata 8 tantos no minuto 7 (aprox.). Pero os nosos rapaces conseguiron reaccionar, tirando máis de corazón ca de xogo, e axudados tamén polas continuas exclusións dos locais, que ían xogar moitos minutos en inferioridade. O noso equipo tamén se viu reducido en varios momentos, pero en menor medida. Así, chegouse ó minuto 20 (aprox.) con igualdade no marcador (22-22). Dende aquí o partido mudou completamente, convertendose nun nervioso e aloucado ir e vir onde calquera dos dous equipos podía levarse a victoria. Chegando ós últimos 30 segundos, o marcador era favorable ós locais pola mínima, 27-26, que tamén dispoñían da posesión do balón. Pero a súa excesiva pasividade foi sancionada polos colexiados, volvendo o balón ó noso equipo. No intres finais do partido, o noso ataque remata en gol, pero cal sería a nosa sorpresa cando os árbitros anulan o tanto que supuña o empate, na que será a xogada máis recordada por ámbolos dous equipos, sen dúbida algunha.

Destacar que foi un partido moi difícil de xogar polo atropelo arbitral sufrido por ámbolos dous equipos, nun encontro que supoño nadie quere, nin debe xogar. Dar a enoraboa ó equipo local, que xogou un bo balonman, demostrando que é a revelación desta categoría e que de seguro vai dar algunha sorpresa máis. Sen dúbida Meaño ten un bo equipo e unha boa afición.

Licencia Creative Commons

Estas entrada foi publicada en 2ª Autonómica Masculina, Partidos, Resumes dos partidos coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

1 Responses to Resumo Partido BM.Meaño Vs BM.Caselas

  1. jose luis di:

    DO PARTIDO CONTRA O MEAÑO TEN SUSO UN VIDEO NO QUE SE PODE COMPROBAR QUE O ULTIMO GOL, ANULADO AO CASELAS, ESTA EN TEMPO DE XOGO. INXUSTICIAS QUE TEN O DEPORTE

Deixar un comentario