Resumo Partido

2ª Autonómica Masculina

Luces e sombras para os nosos rapaces no partido disputado no pavillón municipal de Salceda de Caselas (Salcedaterra) o domingo día 18 de novembro do 2012 ás 12:00 e que enfrentou ó BM. Caselas e ó BM. S.A.R. Este era un deses partidos contra rival directo no que se poden gañar ou perder 4 puntos (os que se suman máis os que non suma o outro equipo). Os nosos rapaces non souberon dosificar e acabaron cedendo a victoria cun marcador final de BM.Caselas 27-30 BM S.A.R.

Daba comezo o partido e os nosos rapaces eran sabedores da importancia do mesmo xa que nos enfrontabamos co que seguramente é o noso rival directo na clasificación para xogar a fase de ascenso. Os xogadores do BM. Caselas sairon a plantarlle cara ós visitantes, tamén moi motivados debido á importancia do partido. Despois dos primeiros 10 minutos de partido o parcial era favorable ós locais por 7-4, grazas a unha sólida defensa e un bo ataque. O dominio dos locais durou ata o minuto 15, momento no que os visitantes se fixeron co control do partido, logrando primeiro o empate no marcador e despois unha vantaxe de dous tantos. Chegados a este punto, xa se percibía que este ía ser un dos partidos máis emocionantes e igualados do que levamos de competición. Ámbolos equipos mostraban boas defensas, así como boas accións en ataque, chegando ó descanso cun resultado de 12-14, se mal non recorda un servidor.

No comezo da segunda metade os visitantes ían por ese punto máis de ritmo o que, sumado ás exclusións dos locais, facilitaban unha vantaxe de 4 tantos despois dos primeiros 10 minutos. Recuperada a igualdade numérica, os locais ían acadar un parcial de 5-0 nos seguinte 5 minutos, poñéndose así un tanto  por enriba. Pero no momento decisivo, as presas xogaron unha mala pasada ós nosos,  realizando ataques precipitados e descoidando a defensa. Estes desaxustes levaron a 2 exclusións case seguidas a falta de dous minutos para o final do partido, sentenciando ós locais, que non poideron parar os 2 últimos ataques do rival e acabaron case regalando unha victoria que valía máis ca os dous puntos que se perderon. O resultado final foi de BM.Caselas27-30 BM.S.A.R

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o club ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!!

Licencia Creative Commons

Estas entrada foi publicada en 2ª Autonómica Masculina, Partidos, Resumes dos partidos coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario