Resultados Partidos

1ª Autonómica Femenina

Encontro disputado o sábado día 17 de novembro do 2012 ás 16:00 no pavillón municipal de Chapela e que enfrentou ó BM.Chapela e ó BM.Caselas. As nosas rapazas aguataron o tirón durante a primeira parte, pero as locais demostraron a súa superioridade, confirmada na clasificación, gañando o partido cun resultado final de BM.Chapela 34-20 BM.Caselas (máis info no resumo do partido).

2ª Autonómica Masculina

Luces e sombras para os nosos rapaces no partido disputado no pavillón municipal de Salceda de Caselas (Salcedaterra) o domingo día 18 de novembro do 2012 ás 12:00 e que enfrentou ó BM. Caselas e ó BM. S.A.R. Este era un deses partidos contra rival directo no que se poden gañar ou perder 4 puntos (os que se suman máis os que non suma o outro equipo). Os nosos rapaces non souberon dosificar e acabaron cedendo a victoria cun marcador final de BM.Caselas 27-29 BM S.A.R. (máis info no resumo do partido).

División de Honra Infantil Femenino

Derrota in extremis das nosas pequenas promesas no partido disputado no pavillón municial dos Deportes o sábado día 17 de novembro do 2012 ás 12:00 e que enfrou ó BM.Viveiro e ás E.D.M. de Salceda de Caselas e que acabou cun resultado favorable ás locais. O marcador ó final do encontro reflexaba un resultado de BM. Viveiro 11-9 E.D.M. Salceda de Caselas 

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o club ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!!

Máis resultados dos partidos en http://www.fgbalonman.com/resultados.asp

Licencia Creative Commons

Estas entrada foi publicada en Resultados partidos coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario