Resumo partido BM.Chapela Vs BM.Caselas

Estrepitosa derrota sufrida polos nosos rapaces nun encontro funesto que se disputou o sábado día 10 de novembro do 2012 ás 18:15 no pavillón Municipal de Chapela e que enfrentou ó BM.Chapela co BM.Caselas. Os locais acadaron unha cómoda victoria fronte os nosos rapaces, que non estiveron á altura do partido. O marcador final foi BM.Chapela 31-17 BM.Caselas.

Mal partido por parte dos nosos rapaces que solo foron capazes de aguantar o envite do cadro local durante os 6 primeiros minutos, cando o marcador reflexaba un 3-1 favorable ós locais. Nese intre o BM. Chapela comezou a meterse no partido, acadando un parcial de 5-1 nos seguintes 5 minutos, debido a que o noso ataque era casi inexistente e os desacertos de cara á porteria rival eran continuos. A este funesto ataque sumóuselle unha gran desorganización na defensa, coas conseguintes exclusións que un equipo como o Chapela non desaproveita, e as cousas íanse poñer moi oscuras para os nosos. Pola súa banda, o equipo local mantiña o acerto e a actitude loitadora, tanto en defensa coma en ataque, deixando ós nosos rapaces en evidencia cun marcador no minuto 15 da primeira parte de 14-4 (se mal non recorda un servidor). Aínda nesta tesitura, os nosos mozos ían tirar de casta e empuxe para tratar de salvar o mobles, sen ter moito exito xa que os locais ían  deixar o partido case sentenciado na primeira parte, cun electrónico anecdótico de 18-5.

O segundo tempo, e coa que lle estaba a cair os nosos rapaces, as súas opcións pasaban por tratar acadar un marcador máis axustado, sen baixar nunca os brazos, pelexando cada balón e disputando cada acción coma se fosen o último e a decisiva. Isto sumado a que o equipo local baixou un pouco a intensidade en defensa, propiciou algo máis de acerto dos nosos de cara á porteria, limpando minimamente a mala imaxe en ataque e en defensa que demos na primeira parte. Os minutos ían transcurrir sen moita historia, salvo algún sete metros e algunha exclusión pouco discutibles, chegando sen máis apuros ó final do partido cun resultado final de 31-17.

Licencia Creative Commons

Publicado en 2ª Autonómica Masculina, Partidos, Resumes dos partidos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Resultados Partidos

1ª Autonómica Femenina

Formidable victoria a acadada polas nosas rapazas ó sábado día 11 de novenbro do ano 2012 As 12:00 no pavillón Municipal de Salceda de Caselas (Salcedaterra) e que enfrontou ó BM.Caselas e ó BM.Lavadores, Las 5 jotas. As nosas rapazas xogaron un formidable encontro para conseguir os dous puntos pertencentes a esta xornada, cun resultado final de BM.Caselas 33-19 BM.Lavadores, Las 5 Jotas. (Máis info. no resumo do partido)

2ª Autonómica Masculina

Estrepitosa derrota sufrida polos nosos rapaces nun encontro funesto que se disputou o sábado día 10 de novembro do 2012 ás 18:15 no pavillón Municipal de Chapela e que enfrentou ó BM.Chapela co BM.Caselas. Os locais acadaron unha cómoda victoria fronte os nosos rapaces, que non estiveron á altura do partido. O marcador final foi BM.Chapela 31-17 BM.Caselas. (Máis info. no resumo do partido)

División de Honra Infantil Femenino

Derrota das nosas pequenas no partido disputado o sábado día 10 de novembro do 2012 ás 12:00 no pavillón Municipal de Salceda de Caselas (Salcedaterra) e que enfrontou ó BM.Caselas e ó BM.Xallas. Ó final do partido o marcador era favorable ás visitantes, BM.Caselas 08-16 BM.Xallas.

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o club ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!!

Máis resultados dos partidos en http://www.fgbalonman.com/resultados.asp

Licencia Creative Commons

 

 

Publicado en Resultados partidos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Partidos fin de Semana

Horarios definitivos fin de semana 11/11/2012

AUTONÓMICA 
1ª AUTONÓMICA FEMININA
LIGA REGULAR
Grupo: ÚNICO
LIGA 2 Vueltas

LOCAL VISITANTE FECHA HORA CANCHA
Balonman Caselas
Las Cinco Jotas Lavadores
Domingo -11/11/2012 12:00 PAVILLON MUNICIPAL DE SALCEDA
– ARBITRO: SORAYA ABELENDA MARTINEZ
– ARBITRO: SILVIA VAZQUEZ ROMAN
– ANOTADOR: TANIA RODRIGUEZ ESTEVEZ
– CRONOMETRADOR: LAURA BASTOS RODRIGUEZ

AUTONÓMICA 
2ª AUTONÓMICA MASCULINA
1ª FASE LIGA TERRITORIAL
Grupo: GRUPO “A”
LIGA 2 Vueltas

LOCAL VISITANTE FECHA HORA CANCHA
Bm. Chapela Solla Construcciones
Balonman Caselas
Sábado -10/11/2012 18:15 PAV. DE CHAPELA
– ARBITRO: ANTONIO GRANADOS GARCIA
– ARBITRO: ALBERTO LEONARDO PEREZ VELAZQUEZ

AUTONÓMICA 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL FEMININA
1ª FASE LIGA TERRITORIAL
Grupo: GRUPO “C”
LIGA 2 Vueltas

LOCAL VISITANTE FECHA HORA CANCHA
E.D.M. Salceda De Caselas
Balonmán Xallas
Sábado -10/11/2012 12:00 PAVILLÓN MUNICIPAL DE SALCEDA
– ARBITRO: DAVID PEREZ FERNANDEZ

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o club ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!!

Máis horarios dos partidos en http://www.fgbalonman.com/arbitros.asp?class=35 

Licencia Creative Commons

 

Publicado en Horarios partidos, Partidos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Resumo partido BM.Caselas vs. BM.Tui

2ª Autonómica Masculina.

Partido pertencente á 5ª xornada da tempada regular, disputado o sábado día 3 de novembro do 2012 ás 18:00 horas e que enfrontou ó BM.Caselas e ó BM.Tui. Os locais acadaron a victoria cun resultado final de BM.Caselas 32-23 BM.Tui.

Comezaba o partido e os nosos rapazes eran conscientes da importancia que ten gañar os partidos da casa e sumar puntos se queren ter opcións de cara a seguinte fase da competicion. Este feito viuse reflexado na actitude no campo dende os primeiros minutos do encontro, conseguindo unha boa fluidez no xogo de  ataque, acerto á portería, bos pases interiores e contundentes defensas. Todo o anterior xunto coa salientable actuacion do noso gardameta ía marcar un parcial de 10-3 despois dos primeiros 10 minutos do encontro. Esta ventaxa foise mermando polas continuas exclusións (2min.) por parte do noso equipo, unha mellora no xogo do equipo rival, alternando unha defensa 5-1 e 6-0 e aumentando o ritmo de ataque. Aproveitando o noso acomodamento no marcador o equipo rival soubo aproveitar as súas ocasión e chegouse ó descanso cun resultado de 15-11, que os mantiña con opcións de cara ó segundo tempo.

No segundo tempo a tónica do partido ía ser máis ou menos a mesma que no final do primeiro tempo. Ámbolos equipos ían xogar un balonman bastante vistoso, pese as exclusións nos dous bandos e algún que outro lance de partido sen moita polémica. A nosa falta de acerto de cara á portería rival iba poñer os visitantes dous tantos por debaixo (19-17) arredor do minuto 10. Pero o noso equipo retomou a mentalidade do inicio do partido, acadando fluidez en ataque gracias a pases interiores, boas fixacións e penetracións por parte dos nosos laterais que estiveron acertados de cara a portería. A falta de 5 minutos para rematar o partido o marcador era claramente favorable ó noso equipo (30-19). Pero o equipo rival, a pesar de contar con poucas opcións, non baixou os brazos en ningun momento e loitou con moita honra ata o final do partido, deixando un marcador final 32-23 a favor dos locais.

En resumo, bo partido dos nosos rapazes no que se puido ver un bo balonmán e no que apredemos que temos que ser capazes de manter o ritmo demostrado durante o inicio e final de partido se queremos ter opcións de cara ós vindeiros encontros e ó que resta de tempada.

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o clube ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!! 

Licencia Creative Commons

Publicado en Resultados partidos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Resultados partidos

1ª Autonómica Femenina

Bo partido o disputado no pavillón Municipal de O Grove o  sábado día 3 de novembro do 2012 ás 19:00 que enfrontaba ó BM.Rosaeiro e ó BM.Caselas e que se saldou ca victoria  do equipo local. O resultado final foi BM.Rosaeiro 29-25 BM.Caselas (máis info. no resumo do partido)

2ª Autonómica Masculina

Partido pertencente á 5ª xornada da tempada regular, disputado o sábado día 3 de novembro do 2012 ás 18:00 horas e que enfrontou ó BM.Caselas e ó BM.Tui. Os locais acadaron a victoria cun resultado final de BM.Caselas 32-23 BM.Tui (máis info. no resumo do partido)

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o club ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!! 

Tódolos resultados da xornada en http://www.fgbalonman.com/resultados.asp

Licencia Creative Commons

Publicado en Resultados partidos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Resultados Partidos

1ª Autonómica Femenina

Bo partido e merecida victoria a que acadaron as nosas mozas no encontro  que se disputou o xoves día 1 de novembro do  2012 ás 12:00 horas no pavillón Municipal de Salceda de Caselas (Terrasalceda). Enfrontábanse o BM. Caselas e a A.D. Carballal  nun encontro sen moitos goles, cun marcador final de  BM.Caselas 17-15 A.D.Carballal (máis info. no resumo do partido).

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o club ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!!

Máis horarios dos partidos en http://www.fgbalonman.com/arbitros.asp?class=35 

Licencia Creative Commons

Publicado en Resultados partidos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Partidos fin de Semana

Horarios definitivos fin de semana 03/11/2012

AUTONÓMICA 
1ª AUTONÓMICA FEMININA
LIGA REGULAR
Grupo: ÚNICO
LIGA 2 Vueltas

LOCAL VISITANTE FECHA HORA CANCHA
Rasoeiro Bm.
Balonman Caselas
Sábado -03/11/2012 19:00 PAVILLÓN MUNICIPAL O GROVE
– ARBITRO: JULIO VILLANUEVA PEREZ
– ARBITRO: SERGIO VAZQUEZ GOMEZ

AUTONÓMICA 
2ª AUTONÓMICA MASCULINA
1ª FASE LIGA TERRITORIAL
Grupo: GRUPO “A”
LIGA 2 Vueltas

LOCAL VISITANTE FECHA HORA CANCHA
Balonman Caselas
Balonman Tui
Sábado -03/11/2012 18:00 PAVILLON MUNICIPAL DE SALCEDA
– ARBITRO: ALBERTO LEONARDO PEREZ VELAZQUEZ
– ARBITRO: OSCAR FERNANDEZ ALVAREZ

AUTONÓMICA 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL FEMININA
1ª FASE LIGA TERRITORIAL
Grupo: GRUPO “C”
LIGA 2 Vueltas

LOCAL VISITANTE FECHA HORA CANCHA
San Antonio
E.D.M. Salceda De Caselas
Sábado -03/11/2012 12:00 palomar
– ARBITRO: DANIEL DIAZ FRANCO

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o club ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!!

Máis horarios dos partidos en http://www.fgbalonman.com/arbitros.asp?class=35 

Licencia Creative Commons

 

Publicado en Horarios partidos, Partidos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Resumo partido BM.Caselas Vs BM.Cañiza

2ª Autonómica Masculina.

Derrota contundente para os nosos rapaces no encontro pertencente á 4ª xornada da tempada 2012/13 que se disputou o sábado día 27 de outubro do 2012  ás 18:00 no pavillón Municipal de Salceda de Caselas(Terrasalceda) e que enfrontou ó BM.Caselas e ó BM.Cañiza. O equipo visitante levouse os dous puntos, cun electrónico final de BM.Caselas 21-29 BM.Cañiza.

Comenzaba o encontro no que os nosos rapaces eran sabedores da dificultade e da importancia de este, e no que as nosas posibilidades pasaban por non deixar que o equipo rival se distanciara no marcador nos primeiros minutos do encontro. Pero as cousas torcéronse xa dende o comezo cun parcial de 0-4 favorable ós visitantes despois dos primeiros 5 minutos.  Esta situación forzou que se solicitase un tempo morto nada máis comezar o partido, pero esto non foi suficiente e a diferencia non se resolveu, senón que incluso foi aumentando ata o minuto 15 (aprox.) no que o marcador reflexaba unha diferenza de 8 tantos a favor do equipo visitante (2-10). O nosos mozos non eran capaces de topar fluidez en ataque, cometendo erros que propiciaban o contragolpe visitante. Ademáis, a defensa do noso equipo carecía de intensidade, o que se reflexou en exclusións, penaltis e incluso un cartón vermello directo para un xogador local, chegando a quedar con 4 xogadores de campo. So nos intres finais do primeiro tempo íamos conseguir acurtar distancias para deixar o partido con posibilidades de cara ó segundo tempo, chegando ó descanso cun marcador de 11-15 a favor dos visitantes.

O segundo tempo ía ser un calco aproximado do primeiro. Defensa 6-0 do equipo visitante que non conseguiamos romper, pero solucionado en parte a nosa falta de intensidade en defensa así como o repliegue defensivo, a estabilidade estableceuse no partido, aínda que o marcador seguía a estar de parte do equipo visitante por 4 ou 5 goles por enriba dos locais. Os nosos rapaces nunca baixaron os brazos e tentaron exprimir as súas últimas opcións de victoria cunha defensa moi presionante a partir do minuto 20. Os nosos intentos por facer que os nosos adversarios cometeran algún erro non tiveron moito éxito, pero esta defensa propiciou o aloucamento do encontro nos intres finais, marcando un resultado final no electrónico de 21-29.

En resumo, foi un encontro no que o BM. Caselas buscaba seguir coa progresión no seu xogo, partido a partido, e comprobar o nivel do equipo que, con toda seguridade, é o rival a bater desta tempada. Os nosos rapaces pagaron a falta de concentración en momentos clave, a falta de intensidade dos primeiros instantes do partido e a falta de frescura e confianza no seu ataque. Todos estes erros ante un rival coma a Cañiza páganse moi caros. Este partido serve para marcar claramente a liña de mellora do equipo e o traballo que se debe perseguir nos próximos adestramentos e partidos.

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o clube ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!! 

Licencia Creative Commons

Publicado en 2ª Autonómica Masculina, Partidos, Resumes dos partidos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Resultados Partidos

1ª Autonómica Femenina

Gran victoria conseguida polas nosas mozas no encontro que se disputou o  sábado día 27 de outubro do 2012 ás 19:00 horas no pavillón Municipal dos Remedios(Ourense). Enfrontábanse o Pabellón Indomogal Orense e o BM.Caselas, acadando a victoria as nosas rapazas cun marcador final de Pab.Indomogal Orense 14-28 BM.Caselas (máis info. no resumo do partido).

2ª Autonómica Masculina

Contundente derrota para os nosos rapaces no encontro que se disputou o sábado día 27 de outubro do 2012 as 18:00 no pavillón Municipal de Salceda de Caselas(Terrasalceda) e que enfrontou ó BM.Caselas e ó BM.Cañiza. O equipo visitante levouse os dous puntos cun electrónico final de BM.Caselas 21-29 BM.Cañiza (máis info no resumo do partido)

División de Honra Infantil Femenino

Dura derrota das nosas pequenas promesas no partido disputado ó sábado día 27 de outubro do 2012 as 12:00 no pavillón Municipal de Salceda de Caselas(Terrasalceda) e que enfrontou ó BM.Caselas e ó BM.Rosaeiro e que acabou cun resultado final favorable as visitantes cun marcador de BM.Casela 09-29 BM.Rosaeiro.

Tódolos resultados da xornada en http://www.fgbalonman.com/resultados.asp

Licencia Creative Commons

Publicado en Resultados partidos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Partidos fin de Semana

Horarios definitivos partidos fin de semana do 01/11/2012:

1ª AUTONÓMICA FEMININA
LIGA REGULAR
Grupo: ÚNICO

LOCAL VISITANTE FECHA HORA CANCHA
Balonman Caselas
A.D. Carballal
Jueves -01/11/2012 12:00 PAVILLON MUNICIPAL DE SALCEDA
– ARBITRO: MARIO FERNANDEZ LOPEZ
– ARBITRO: OSCAR FERNANDEZ RODRIGUEZ

RECÓRDASE a tódolos asistentes e ó publico en xeral que as portas do noso pavillón permanecerán abertas durante os partidos e que a entrada é totalmente de balde e que o club ten a disposición de todos os asistentes unha cantina con prezos populares. ¡¡¡O NOSO EQUIPO PRECÍSATE, FORZA TERRA SALCEDA!!!

Máis horarios dos partidos en http://www.fgbalonman.com/arbitros.asp?class=35

Licencia Creative Commons

Publicado en Horarios partidos, Partidos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario